HomesociedadeUcoga doa 50 cestas solidarias aos servizos sociais de Monforte

Ucoga doa 50 cestas solidarias aos servizos sociais de Monforte

A Tenente de Alcalde e Concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, recolleu nas oficinas da correduría de seguros Ucoga en Monforte de Lemos, 50 cestas solidarias de Nadal doadas por esta compañía ligada á Cooperativa Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participaron tamén do acto de entrega, o responsable da oficina de Monforte, Ivan Vázquez; o director xeral da Cooperativa Lemos, José Manuel Rodríguez, e o xerente desta entidade, David Buján. Desde Ucoga sinalaban que o obxectivo é “colaborar coas persoas máis vulnerables e aportar o noso grao de area para que todos os fogares teñan turrón e doces navideños nestas emblemáticas festas”.

Gloria Prada agradeceu a entrega destas cestas e explicou que se repartirán mediante sorteo entre as familias con fillos menores usuarias dos Servizos Sociais do Concello de Monforte.

A Tenente de Alcalde lembrou que o Concello de Monforte destina unha partida orzamentaria anual de 75.000 euros á emerxencia social e colabora tamén coa poboación máis vulnerable a través de  axudas para mellorar a eficiencia enerxética nos fogares cunha contía total de 25.000 euros.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...