Homesociedade350 persoas na Chocolatada de Nadal do Programa Activa en Monforte

350 persoas na Chocolatada de Nadal do Programa Activa en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou esta semana na Chocolatada de Nadal que organizou o Equipo de Goberno dentro das actividades do Programa Activa. O encontro tivo lugar no Espazo Gastronómico da Praza de Abastos e contou con máis de 350 participantes

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde, que estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Obras e Servizos, José Luis Losada, a Coordinadora dos Servizos Sociais do Concello, María Luz Méndez, e traballadoras do servizo, felicitou as Festas de Nadal a todos os asistentes e animounos a seguir participando desta iniciativa e a aproveitar o completo programa de actividades.

O programa é gratuíto e especialmente dirixido ás persoas maiores de 55 anos, Lévase a cabo no Centro Cívico e nos locais sociais das parroquias. O obxectivo, lembra Tomé, “é favorecer o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida dos adultos maiores. Con este dobre obxectivo organizamos actividades encamiñadas a promover o seu benestar psicosocial e a fomentar a participación social e o encontro interxeracional evitando, en definitiva, o illamento e as situacións de soidade”.

O Programa Activa conta nesta edición 2025-2026 cunha partida orzamentaria de 60.000€, 4.000 máis que na anterior,  para atender á demanda existente, que crece debido ó éxito que ano tras ano ten este programa. Nesta edición ofertáronse máis de 650 prazas.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...