HomeCulturaA Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A mostra pode visitarse ata o 12 de xaneiro en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00 de luns a venres e os sábados de 10:00h a 14:00h

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026 deste mes a exposición dos traballos realizados co Programa de Pintura que desenvolve a Concellaría de Servizos Sociais no Edificio Multiusos de Chantada con dous cursos: pintura en óleo que se leva a cabo os mércores de 16:30h a 19.00h e o curso de pintura en tea que ten lugar os venres, tamén de 16:30h. a 19:30h.

Participan destes talleres, destinados a persoas maiores de 65 anos e xubiladas/os, máis de medio cento de persoas. Na exposición pódese ver o resultado do aprendido polas persoas participantes nos 3 meses que levan de clases. Así na mostra cóntase con sabas, camisetas, bolsos, coxíns, manteis, distintas figuras e elementos decorativos entre os que destaca a variedade de cadros con diferentes motivos.

A maioría das participantes nestes cursos son mulleres, que aseguran repetir as clases de ano en ano “porque lles encanta e favorecen outras capacidades como a memoria ou o sentido da orientación”, aseguran.

Exposición traballos pintura / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...