HomesociedadeEste 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Este Nadal chega unha nova cita co Faladoiro no Centro Social de Quiroga. Esta nova xuntanza trae como protagonista un exemplo de superación e adaptación con Mariia, que chegou a Quiroga en marzo de 2022, poucos días despois do comezo da guerra en Ucraína

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e limpadora e agora está empregada na Residencia de Maiores de San Clodio. O seu reto é exercer de psicóloga, a súa profesión, cando poida convalidar o título. Aínda que o seu soño para ser feliz  é que o seu único irmán  poida vir a España pero non é posible porque os homes non poden sair do país. 

O Faladoiro que se desenvolve habitualmente o derradeiro mércores de cada mes, adiántase nesta ocasión ao martes, 30 de decembro, ás 18:30h.

O Faladorio é un espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias. Neste ano que remata foron moitas as persoas que quixeron compartir un anaco das súas experiencias e situacións vividas na súa vida.

A hematóloga, Hermitas García Quiroga, falou do ictus; Teresa Taboada, responsable de “Espazo Sacro” achegouse ao ioga e outros métodos de sanación mental. Aida Marcos, veciña de Bustelo de Fisteus, tras máis de vinte anos fora regresa como muller emprendedora; a psicóloga, Mario Lillo. Rubén Gutiérrez, un enxeñeiro agrícola especializado en olivicultura e tamén cantautor baixo o nome  “Peitoescuro”, tamén protagonizou as conversas deste espazo. Tamén pasaron polo Faladoiro Laura e Jeyco de ‘Terriña Salvaxe’.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...