HomeEconomíaMonforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario empadroado no Concello de Monforte, así como do alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e Bacharelato que teñan que desprazarse fora do Concello de Monforte, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, ou non ter obtido praza na oferta local no curso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman un importe total de 14.994,00€ repartidos entre os 55 solicitantes que cumpriron os requisitos.

O alcalde destaca que “con esta liña de axudas, contribuímos a facilitar os desprazamentos daqueles estudantes monfortinos que cursan estudos fóra do noso Concello, ben sexa no ámbito universitario, ben noutro tipo de disciplinas que non se ofertan na nosa cidade. O noso compromiso coas políticas sociais é firme”.

Para optar estas axudas, os solicitantes deben estar empadroados no Concello de Monforte e estar matriculados no curso 2025-2026 en calquera universidade, ciclo de formación ou bacharelato fora do municipio. Cada solicitante opta a axudas que van dos 200€ aos 600€ en función da renda per cápita familiar, que é a resultante de dividir os ingresos  familiares entre os membros computables da unidade familiar, quedando excluídas aquelas que no cómputo final superan os 12.000€.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...