HomeCulturaO concerto de Malenne e o espectáculo de Pepo Suevos completaron unha...

O concerto de Malenne e o espectáculo de Pepo Suevos completaron unha gran xornada da programación de Nadal do Concello de Monforte

O grupo monfortino creou un gran ambiente na rúa Cardeal mentres o cómico galego enchía de risos o salón de actos da Casa da Cultura Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado venres, 2 de xaneiro, o grupo monfortino Malenne actuaba ás 20:30 h. na zona peonil da rúa Cardeal da capital da Ribeira Sacra dentro do programa de Festas do Nadal 2025-2026. En representación do Concello de Monforte asistiron ao concerto, o alcalde José Tomé, o Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e a Concelleira de Comercio, Regina López.

A actuación pechaba o ciclo de concertos a cargo de bandas locais programado para este Nadal e dentro da aposta do Equipo de Goberno municipal por darlle protagonismo aos grupos monfortinos e visibilizar o seu talento. Unha iniciativa que dinamiza as rúas da cidade e que tamén agradecen os grupos. “Non hai moitos Concellos que fagan algo así, e iso é de agradecer”, indicaba o cantante de Malenne no transcurso da actuación.
“Queremos poñer en valor aos nosos grupos, que ademais contan cunha boa produción para
que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”, apuntaba José Tomé.

Pepo Suevos actuando no salón de actos da Casa da Cultura Lois Pereiro. Foto: Concello de Monforte.
MONÓLOGO DE PEPO SUEVOS

Se na rúa Cardeal a protagonista era a música, na Casa da Cultura Lois Pereiro o tema de atracción para o público foi o humor. Concretamente un espectáculo do cómico e actor Pepo Suevos que encheu o recinto e fixo rir moito a todas e todos as/os presentes.

O show que traia Suevos a Monforte levaba por título “Á Caída” e baseouse nun xogo de improvisación. Os temas que tratou o humorista de Bertamiráns foron desenvolvéndose de xeito espontáneo no trancurso dun monólogo que empezou ás 20:00 h. e rematou ás 21:30. Entre eles, salientar a lembranza que fixo do seu paso pola mítica cervecería ‘Los Goya’, o transfondo real do conto de ‘Carapuchiña vermella’, os cuñados, os xubilados, a lotería de Nadal…

O público riu moito e premiou cun gran aplauso final o traballo escénico de Pepo Suevos.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...