HomePolíticaMaría del Carmen López, candidata socialista á presidencia da Deputación de Lugo

María del Carmen López, candidata socialista á presidencia da Deputación de Lugo

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo reuniuse este sábado en sesión extraordinaria para abordar a proposta formulada pola Comisión Xestora do partido e ratificou a súa decisión de propoñer á deputada provincial María del Carmen López Moreno como candidata socialista á Presidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a sesión, o Comité Provincial ratificou a proposta por aclamación, de conformidade cos estatutos e cos procedementos internos establecidos polo partido.

O acordo adoptado será agora remitido á Comisión Nacional de listas, que emitirá informe e reenviará á Comisión Federal de Listas para a súa aprobación definitiva, de acordo coas normas internas de elaboración e validación de candidaturas do PSOE.

A proposta definitiva será tomada pola Comisión Executiva Federal e remitida ao PSdeG-PSOE de Lugo para a súa aplicación de cara ao pleno do vindeiro 14 de xaneiro de 2026

ÚLTIMAS

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...

O Concello de Taboada adquire os terreos para o Paseo da Medela e prevé rematar a obra en outubro

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Taboada adquiriu a superficie necesaria para executar...

A Carreira Popular de Monforte bate o seu récord de inscricións

A 26 edición da Carreira Popular de Monforte, que se celebrará este domingo 26...