HomeDeportesO equipo sub-16 feminino da Gándara, prata e bronce no Campionato Galego...

O equipo sub-16 feminino da Gándara, prata e bronce no Campionato Galego de Cros

O club monfortino asinou unha xornada histórica no Campionato Galego de Cros, celebrado este sábado na Rúa, con destacados resultados tanto a nivel colectivo como individual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo sub-16 feminino da Gándara, formado por Mencia Alvarez, Alba Lois, Sara Pérez e Claudia Marqués, proclamouse subcampión galego, tras unha actuación sólida e moi regular que lles permitiu subir ao segundo chanzo do podio. No plano individual, Mencía Álvarez Velasco completou unha carreira excepcional, logrando a medalla de bronce e consolidándose como unha das atletas máis prometedoras da categoría.

Ademais, na categoría sub-18, Sabela Nieves competiu co equipo do club filial Atletismo Lucus, que tamén acadaron a prata por equipos. Este resultado permítelle, xunto ao seu equipo, clasificarse para o Campionato de España, un logro que reflicte o seu excelente estado de forma e a progresión que vén demostrando ao longo da tempada.

Desde A Gándara destacan “o compromiso, o esforzo e a ilusión de todas as atletas, así como o traballo do corpo técnico e o apoio das familias, fundamentais para seguir impulsando o atletismo de base na Comarca de Lemos”.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...