HomeCulturaQuiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver "Memorias dun...

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

O Concello de Quiroga ten programada unha viaxe a Santiago de Compostela, o domingo 18 de xaneiro, para asistir a unha nova función enmarcada no programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e dramaturxia de Cándido Pazó. Trátase dunha nova versión teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas no X aniversario do seu pasamento.

Balbino é un neno de aldea, fillo de labregos pobres, que medra nun mundo de silencios, traballo e obediencia. Este espectáculo, segue a súa voz sincera e sensible a través dunha serie de lembranzas que van desde a tenrura da infancia ata a crúa conciencia das desigualdades, dando vida aos episodios máis representativos da novela de Neira Vilas: o maltrato escolar, a perda do amigo ou dun animal querido, a frustración do primeiro amor, a dureza do traballo, a emigración, a represión da expresión, e a tristura de sentirse diferente nun mundo que non admite preguntas; pero tamén os costumes e celebracións festivas da aldea, e as esperanzas e alegrías que, a pesar de todo, ofrece a vida.

A memoria persoal de Balbino como representación da memoria colectiva dunha Galicia rural que se foi diluíndo ou transformando, constrúen esta peza que pon en primeiro termo a emoción, pero tamén o humor e a relación directa co público.

O autobús sairá da Casa da Cultura ás 14:30h e a función terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 18:00h e ten un custo de 5€ por persoa. O regreso para Quiroga está previsto ás oito e cuarto do serán.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que ten prazas limitadas, teñen de prazo para anotarse ata o 14 de xaneiro, na Casa de Cultura, ben persoalmente ou a través do teléfono 982.43.51.25.

ÚLTIMAS

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...