HomePolíticaO BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

O BNG de Monforte de Lemos vén de solicitar formalmente a nulidade dun acordo adoptado no Pleno ordinario do pasado 29 de decembro de 2025, ao considerar que a votación se realizou fóra da legalidade, "vulnerando tanto o Regulamento Orgánico Municipal como o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), así como a Lei de Bases de Réxime Local".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde unicamente ao grupo propoñente ou, no seu defecto, á Alcaldía/Presidencia da Corporación, nunca a un portavoz doutro grupo político. Esta actuación supón, ao seu xuízo, unha lesión directa dos dereitos de participación, representación e audiencia dos membros da Corporación.

Durante a propia sesión plenaria, o concelleiro do BNG Manuel Luaces Fernández advertiu da irregularidade que se estaba a cometer, ao abeiro do artigo 94.2 do ROF, sen que a súa advertencia fose atendida pola Presidencia. O BNG subliña que esta actuación invalida a votación e calquera acordo que derive dela, ao non respectarse as garantías legais mínimas nin a autonomía política do grupo propoñente.

“O que aconteceu no último pleno é moi grave desde o punto de vista democrático. Nun Pleno municipal non pode decidir como se vota unha moción quen nin a presenta nin preside a sesión. Iso non é unha cuestión de interpretación política, é unha cuestión de legalidade. Advertimos no propio Pleno de que se estaba cometendo unha irregularidade clara e, aínda así, continuouse adiante como se nada”, asegura Manuel Luaces, concelleiro do BNG, e solicitan a nulidade do acordo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...