HomesociedadeMonforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

O concello de Monforte informa de novas medidas para mellorar a seguridade e ordenación da circulación dos vehículos e peóns na cidade a través de senllos contratos para a renovación das luminarias da rede semafórica e para a adquisición de dispositivos sonoros para unha trintena de pasos de peóns regulados por semáforos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de ambos contratos, que suman un importe total de 38.257 euros.

A primeira actuación, referente á renovación de das luminarias led en diferentes semáforos da cidade, ten un orzamento de 25.000 euros e comprende a substitución completa das luminarias en 7 cruces do centro urbano nos que o funcionamento do sistema actual presenta deficiencias. A renovación prevista comprende a luminaria completa, é dicir, o circuíto impreso, os leds da cor correspondente e a carcasa plástica con cristal dianteiro.

O cambio das luminarias semafóricas realizarase nos seguintes cruces: Benito Vicetto-Molinos de Antero, Florida-Paso a nivel, Ronda urbana-Santa Clara, Saviñao-Chantada, Hortas-Avenida de Galicia, Cardeal-Avenida de Galicia e Compañía-Ponte Fontecha.

Maior seguridade nos pasos de peóns

O segundo contrato ten como finalidade mellorar a seguridade na circulación dos peóns, en especial das persoas con discapacidade visual, e contempla a instalación dun total de 32 dispositivos sonoros nos postes semafóricos con regulación de paso peonil en dez cruces do entorno urbano. Concretamente, nas seguintes localizacións:

  1. Roberto Baamonde con Avenida de Galicia: Roberto Baamonde nº11 e nº13 e Avenida de Galicia nº44)
  2. Cruce da Florida: Roberto Baamonde nº141, Benito Vicetto nº6, Valle Inclán nº1 e Calvo Sotelo nº1.
  3. Enlace de San Pedro con Calvo Sotelo: Calvo Sotelo nº62 e nº68 e San Pedro nº82.
  4. San Pedro con Doutor Casares: San Pedro nº1, Dr. Casares nº 118 e 124 e Ronda Emilia Casas Baamonde nº1.
  5. Ronda Emilia Casas Baamonde: 3 dispositivos no entorno do Colexio Novo.
  6. Enlace da rúa Saviñao coa rúa Chantada: Chantada nº95, Saviñao nº28 e Roberto Martínez Andrade nº1.
  7. Rúa Chantada con rúa Ourense: Chantada nº1, Ourense nº14 e nº16 e Avenida de Galicia nº1.
  8. Enlace de Rúa Hortas con Avenida de Galicia: Avenida de Galicia nº19 e Hortas nº43.
  9. Cruce de Avenida de Galicia con rúa Cardeal: Avenida de Galicia nº25 e nº29 e Cardeal nº34.
  10. Glorieta Ponte Fontecha: Cardeal nº40, Roberto Baamonde nº1 e Compañía nº2.

O custe deste contrato é de 13.257 euros e consiste na instalación de 32 dispositivos dotados con sintetizador de son de 5W de potencia con volume sonoro axustable, temporizador e reloxo para desconexión nocturna, altofalantes resistentes á intemperie e sistema de reprogramación de diferentes sons e tons.

“Esta medida da cumprimento ao compromiso que adquirín co colectivo de persoas con discapacidade visual de facer seguro o seu tránsito pola cidade, de maneira que poidan coñecer cando lles corresponde cruzar a calzada ou manterse á espera por estar en verde ou vermello o dispositivo, respectivamente”, explica o Alcalde. Así mesmo, engade, “coa finalidade garantir o descanso dos veciños e veciñas, os dispositivos contarán cun reloxo temporizador para programar o horario de funcionamento destes dispositivos, de forma que o son non afecte ás persoas residentes nas vivendas próximas en horario nocturno”, apunta o rexedor. Inicialmente, estarán desactivados de 22.00 a 08.00 horas. Esta programación, en todo caso, está aberta a posibles modificacións.

ÚLTIMAS

O 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia

A Deputación de Lugo abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para solicitar...

Chantada fai balance dun concorrido Nadal

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo...

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda...

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...