HomePolíticaEsperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte manifesta o seu apoio á solicitude de nulidade da votación presentada polo BNG en relación co pleno celebrado o pasado 29 de decembro no que se debateron as solicitudes de dimisión do alcalce, José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do acordo plenario, xa que consideran que se incumpriu o procedemento legalmente establecido para a presentación de iniciativas dun grupo municipal, no relativo á votación por puntos, “unha prerrogativa que non pode ser decidida de forma unilateral por un portavoz que non presenta a moción”.

Informan que durante o pleno o alcalde e o portavoz do goberno se negaron a permitir a votación por puntos, “o que evidencia un menosprezo reiterado cara a opoisición e os procedementos democáticos. Estes comportamentos vulneran a normativa vixente e deterioran a confianza da cidadanía nas institucións municipais”.

Nun comunicado, Esperta Monforte asegura reafirmarse no seu compromiso coa transparencia e a legalidade, amosa o respado á solicitude nacionalista e esixen que se garanta a participación igualitaria de todos os grupos.

ÚLTIMAS

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Máis de mil persoas manifestáronse en Santiago de Compostela pola “paz e soberanía” de Venezuela

A concentración, convocada pola Asociación Galego-bolivariana Hugo Chávez (Agabo), foi secundada por sindicatos, asociacións...