HomesociedadeCortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

O Concello de Monforte informa de cortes de tráfico que se producirán este fin de semana para a realización de obras de reparación de danos no firme das rúas Doutor Teijeiro e Doutor Casares. Os traballos executaranse o sábado 17 e domingo 18 do presente mes, polo que se fai necesario pechar o tráfico nas dúas vías afectadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o enlace da rúa Julio Camba coa Praza de Abastos, polo que estará pechado o sábado desde ás 15.00 horas e o domingo todo o día.

O acceso dos vehículos que entran desde Roberto Baamonde por Julio Camba con dirección ás rúas Inés de Castro e Ricardo Quiroga, farase de forma alternativa tanto pola rúa da Corna (neste caso unicamente para turismos e vehículos de dúas rodas) como polas rúa Real e Santo Domingo.

Os traballos de reparación do firme na rúa Doutor Casares realizaranse no tramo comprendido entre o inicio da vía na Praza de Doutor Goyanes e o enlace co Paseo do Malecón. As obras comezarán na mañá do sábado, polo que a rúa estará pechada ao tráfico desde as 9.00 horas do sábado e o domingo todo o día. Durante este horario non se poderá acceder nin saír dos garaxes que existan no tramo afectado.

Deste xeito, a circulación de vehículos procedentes do Campo de San Antonio e rúa Corredoira que teñan como destino a rúa Doutor Casares pasando pola Ponte Vella farase de forma alternativa pola Ronda María Emilia Casas Baamonde. Na Praza de Doutor Goyanes permitirase o paso dos vehículos que teñan autorización para circular polas rúas peonís cando pretendan acceder ás rúas Abelardo Baanante, Comercio e Armando Cotarelo, e sempre exclusivamente no tramo horario en que teñan autorizado

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...