HomeDeportesA Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

A Escudería Chantada informaba nun comunicado a finais desta semana da suspensión da edición deste ano da Subida a Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o presuposto necesario para unha proba destas características, “Entendemos que todo ciclo ten o seu principio e o seu final e o noso viuse condicionado polo agotamento na búsqueda dos recursos indispensables para celebrar a competición cos estándares de calidade e seguridade que sempre nos caracterizaron”.

Deixan en mans do futuro que se dean as circunstancias para recuperar a cita e insisten na vontade de apostar polo máximo nivel da man do Campionato de España de Montaña e co respaldo da Real Federación Española de Automobilismo.

Engaden un “sincero agradecemento polos anos de apoio incondicional” do Concello de Chantada, Deputación Provincial de Lugo e á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Este agradecemento amplíase aos patrocinadores privados, empresas, e ao sector hostaleiro e comercial de Chantada, Taboada, O Saviñao e Carballedo.

“Finalmente grazas de corazón aos equipo, pilotos, comisarios, prensa e afección que sempre fixo desta proba algo único”, conlúen o comunicado.

o BNG demanda explicacións no Parlamento pola suspensión

Iago Suárez anunciou a presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento galego para “pedir explicacións á Secretaría Xeral para o Deporte acerca desta suspensión dunha das probas máis relevantes do automobilismo galego”. O dirixente nacionalista sinalou que “o goberno galego debe facer todo o que estea na súa man para evitar situacións como esta que tanto poden danar o prestixio dunha proba que é motivo de orgullo”.

Suárez puxo en valor o impacto económico do evento e apela á colaboración da Xunta coas administracións competentes, coa Escudaría Chantada e coa Federación Galega de Automobilismo para “tentar evitar que esta suspensión sexa definitiva e que se encontre a fórmula para que a 52ª edición da Subida a Chantada se poida celebrar en 2026”.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...