HomeCulturaDesde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición de Tradigalu, que levará actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais polas distintas comarcas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo promover e difundir a música popular e tradicional, fomentando a súa presenza nas programacións musicais e culturais por todo o territorio da provincia.

A deputada de Cultura, Iria Castro, lembrou que “en 2025, Tradigalu permitiu programar máis de 300 actuacións, consolidándose como unha das principais vías de apoio a actividade de asociacíons veciñais e culturais en parroquias e concellos de toda a provincia e tamén un importante soporte para o tecido asociativo da música tradicional, decenas de agrupacions que participan habitualmente no programa, xenerando uns recursos que contribúen a manter a súa actividade”.

Nese sentido subliñou que “o programa sitúa a área de Cultura como un dos principais referentes institucionais na promoción da música tadicional, algo que nos enorgullece especialmente e que é froito tamén do traballo realizado en mandatos anteriores desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo”.

As asociacións e colectivos poderán solicitar actuacións desde o 20 de xaneiro, seguindo as indicacións dispoñibles na web cultura.deputacionlugo.gal. A área de Cultura asume o 80% do custo das actuacións. Asociacións e concellos deben aboar aos grupos o 20% restante.

Na confección do calendario de actuacións, a área de Cultura buscará chegar a todas as comarcas, evitando a concentración en puntos concretos e prestando especial atención á conservación e fomento das tradicións

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...