HomePolíticaO PP de Monforte acusa a Tomé de "anuncios que non se...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

O PP de Monforte lamenta que, "unha vez máis, se confirmen as denuncias realizadas nos últimos meses sobre a falta de concreción, execución e cumprimento dos prazos nos distintos convenios e promesas de investimento anunciadas polo alcalde".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e da ausencia de investimentos reais para a ronda entre a rúa Orense e a N-120 e agora aseguran que se leva ao pleno deste mes un novo retraso, “o goberno de José Tomé volve traer un novo axuste doutro convenio millonario anunciado a bombo e prato, desta vez coa CHMS”.

Refírense ao convenio entre a CHMS e o Concello de Monforte de Lemos sobre a financiación, execución e entrega das actuacións de restauración ambiental e construción de senda peonil nas marxes dos cauces As Malloadas, A Penela e Zapardiel, colaboración asinada en outubro de 2024.

O convenio prevía un investimento total de 4.125.000 euros, cunha execución inicial no ano 2025 de 275.000 euros, dos que 220.000 euros serían achegados pola CHMS e 55.000 euros polo Concello, establecendo como data de finalización das obras o ano 2028.

Katy Varela afirma que “se constata que quere prorrogar a finalización das obras ata 2029 e, ademais, se recoñece que finalmente no ano 2025 a achega da CHMS foi de só 45.840 euros e a do Concello de 11.460 euros”. Os populares conclúen que, “con estas cantidades apenas se puido redactar o proxecto ou realizar algún estudo previo, é dicir, pequenas actuacións sen avances reais sobre o terreo; ao que nos ten acostumados José Tomé, a anuncios que non se concretan”.

ÚLTIMAS

113.000€ para a restauración das igrexas de Rozavales, Baamorto e A Penela, en Monforte

O concello de Monforte concede licenza urbanística para a realización de obras de restauración...

O Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte alcanza a súa XXXIII edición

O XXXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e...

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...