Homesociedade155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinou no 2025 un total de 155.600 euros a apoiar actuacións de mellora da competitividade impulsadas por 18 comercios da Zona Sur da provincia. A nova convocatoria está aberta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos establecementos que se acolleron en 2025 a estas axudas con motivo da nova convocatoria que está aberta e que está dotada con preto de 4 millóns de euros. Con este tipo de apoios o Goberno galego financia iniciativas de dixitalización, innovación e sustentabilidade ambiental promovidas por negocios locais e artesanais.

Arias coñeceu os proxectos desenvolvidos en Monforte por The Closet e Gourmet Gallego, adicados respectivamente á venda de moda e alimentación. Neste municipio concedéronse trece axudas. Tamén hai dúas firmas beneficiarias en Quiroga e unha en Chantada, Carballedo e O Saviñao, respectivamente.

Este programa abrangue tres liñas de financiamento compatibles entre si. Unha delas está orientada á dixitalización e á innovación comercial; a outra á modernización das instalacións e unha terceira á sustentabilidade ambiental no emprego de embalaxes.

Entre as novidades deste ano destaca a simplificación administrativa e a axilización do procedemento de concesión e dos pagamentos anticipados. Tamén se amplía o período subvencionable para atender todas as actuacións realizadas desde o fin do prazo marcado na orde anterior, o 25 de outubro de 2025.

Arias destacou que esta iniciativa enmárcase no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, que recolle 74 accións específicas para promover un sector clave para a economía da Comunidade.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...