HomesociedadeQuiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O Concello de Quiroga ten en marcha o concurso de deseño para elixir o cartel anunciador da XLIV Feira do Viño de Quiroga, que se celebra os días 3, 4 e 5 de abril. No concurso poden participar todas as persoas maiores de 18 anos cun deseño orixinal e exclusivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a tradición vinícola, a cultura e os valores da comarca de Quiroga. Valoraranse tamén os elementos representativos do concello, como a súa paisaxe, os viñedos, a arquitectura e as festividades.

O deseño debe ser orixinal e inédito, cunha orientación vertical. O deseño deberá presentarse en formato físico, impreso en alta calidade, en tamaño A3 e cunha resolución adecuada para a súa reprodución.

O cartel, que incluirá o texto “XLIV Feira do Viño de Quiroga” e a data de celebración, 3, 4 e 5 de abril, debe ser facilmente adaptable para a impresión e para a difusión en diversos medios e para a colocación de logotipos oficiais que o Concello de Quiroga considere e a frase “Quiroga, Concello de interese turístico” que será engadido por parte da imprenta. As bases pódense consultar neste enlace.

Non se permitirá a inclusión de contido de carácter político, xenófobo, homófobo ou discriminatorio de calquera tipo no deseño do cartel, nin a utilización de ningún tipo de intelixencia artificial para o deseño e creación da obra.

Os traballos deberán ser presentados en formato físico nun sobre pechado no que se incluirá o cartel impreso en alta calidade, un  documento explicativo que describa brevemente a inspiración e os conceptos principais do deseño e o título e un sobre pechado cos datos persoais do participante (nome completo, dirección, teléfono, correo electrónico e nome da obra).

As obras deben ser rexistradas e entregadas correctamente no Rexistro do Concello de Quiroga (en horario de luns a venres de 9:00h a 13:00h), antes do 19 de febreiro.

O deseño gañador, que se premiará con 300 € e un diploma acreditativo, será empregado como cartel anunciador da XLIV Feira do Viño de Quiroga. O autor gañador deberá ceder unha copia dixital da súa obra ao Concello de Quiroga cunha resolución mínima de 300 píxeles por pulgada (ppp) e nos seguintes formatos: PDF, PNG, JPG ou TIFF.

Os participantes someteranse á decisión do xurado, que terá en conta a orixinalidade e creatividade, a representación da temática do concurso, a calidade técnica e estética do deseño e a capacidade de adaptación do deseño para a súa difusión en distintos medios

ÚLTIMAS

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...