HomesociedadeRibeira Sacra reforza en Fitur a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Ribeira Sacra reforza en Fitur a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Ribeira Sacra volveu estar presente en FITUR 2026 cun acto centrado na súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, "unha aposta estratéxica que pon en valor un territorio construído durante séculos pola relación entre a natureza, a auga e o traballo humano", sinalan desde o Consorcio de Turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o acto institucional de presentación da candidatura, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra tivo lugar unha mesa redonda, titulada “Ribeira Sacra, Candidatura a Patrimonio da Humanidade”.

Durante a súa intervención, o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, destacou que a declaración de Patrimonio Mundial suporía un recoñecemento internacional a un territorio e á súa identidade, ademais dunha forma de gratitude coas persoas que o coidaron e o seguen coidando día a día. Fixo referencia tamén a gañar visibilidade e atraer investimento e oportunidades ligadas ao emprego local, especialmente relevantes nun contexto rural.

No marco do diálogo, puxéronse sobre a mesa as claves dun futuro baseado nun modelo turístico ordenado, de calidade e respectuoso co territorio, apostando pola desestacionalización, as experiencias auténticas e unha planificación que mellore a acollida sen perder a esencia da Ribeira Sacra.

Tamén se apuntou que o recoñecemento pode supoñer un cambio na percepción do visitante, que pasaría de descubrir un destino singular a entender que se atopa ante unha paisaxe cultural de valor universal excepcional, cunha mirada máis respectuosa e informada.

No encontro participaron: José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude; Carmela López, presidenta da Deputación de Lugo; Rosendo Fernández, Deputado Provincial de Ourense; ademais do presidente do Consorcio, Luís Fernández Guitián.

O acto contou tamén cunha ampla presenza institucional xunto con profesionais e axentes vinculados ao territorio: empresas do sector turístico, medios de comunicación, produtoras audiovisuais e axencias de viaxe, reafirmando a dimensión colectiva da candidatura e a importancia do traballo conxunto na promoción do destino.

Con esta acción, Ribeira Sacra continúa avanzando na proxección nacional e internacional da súa candidatura a Patrimonio da Humanidade e na posta en valor do territorio como destino sostible e de calidade.

ÚLTIMAS

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...