HomesociedadeOperativo especial ante a chegada da borrasca Ingrid, recoméndase precaución desde este...

Operativo especial ante a chegada da borrasca Ingrid, recoméndase precaución desde este venres

A Axencia Estatal de Meteoroloxía mantén este xoves a alerta amarela por ventos na Montaña de Lugo, onde se esperan a partir de mañá acumulacións de neve por riba dos 5 centímetros o que fai necesario extremar a precaución á hora de circular

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Espérase que Ingrid, un fronte de frío ártico, afecte á provincia desde a madrugada deste venres, deixando intensas chuvias, vento forte e neve en cotas baixas, especialmente nas zonas de montaña, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). O dispositivo despregado pola institución provincial conta cun total de 24 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio, 8 vehículos todoterreo de apoio para atender incidencias como árbores caídas e 64 operarios.

Así mesmo, a Deputación ten activos a totalidade dos 13 silos que ten repartidos pola provincia con 500 toneladas de sal para asistir e apoiar aos concellos durante estes días.  Os concellos deberán notificar á institución provincial a retirada de sal dos depósitos para levar un control do seu uso e garantir a súa correcta distribución e dispoñibilidade durante a alerta meteorolóxica.

O dispositivo provincial xa está facilitando o paso do transporte escolar para garantir a chegada dos nenos e nenas da Montaña aos centros educativos, e continuará operando de maneira reforzada durante este venres e de cara a fin de semana, adaptándose á evolución do temporal.

A institución provincial alerta á cidadanía que a partir deste venres extremen a precaución, especialmente nas estradas de zona de Montaña onde se poden formar placas de xeo ou acumulación de neve por riba dos 5 centímetros en cotas de neve que poderían descender desde 700 e 800 metros ata os 400 metros ao final do día, o que eleva o risco e dificultade na circulación.

Ante esta alerta meteorolóxica, o Concello de Monforte suspende a actividade na Gardería Infantil Municipal e no Conservatorio Municipal de Música ‘Mestre Ibáñez’ durante toda a xornada, e pechará os parques infantís de maneira provisional mentres duren as alertas.

Debido a este temporal, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión de clases e transporte escolar na xornada do 23 de xaneiro nas zonas con aviso laranxa, e a suspensión da actividade no exterior nas zonas con aviso Vermello.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...