HomesociedadeA Directiva do CCU de Monforte pecha mandato e abre o proceso...

A Directiva do CCU de Monforte pecha mandato e abre o proceso electoral

A Directiva saínte salienta, entre outros fitos, que pecha o mandato 2023-2025 con estabilidade económica, débeda cancelada e un programa de dinamización atractivo e consolidado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte abriu días atrás o proceso para a renovación da súa Xunta Directiva tendo rematado o mandato ordinario de tres anos do actual equipo, presidido por María del Carmen Núñez Martínez, propietaria das tendas FYM MODA.

Coa vontade de facilitar o relevo e promover a renovación dos órganos de goberno, o pasado 12 de xaneiro convocáronse eleccións no seo da asociación.

PRAZO E FORMA DE PRESENTAR CANDIDATURAS

A presentación de candidaturas permanecerá aberta ata o vindeiro luns 26 de xaneiro ás 14:00 horas. Para formalizala é necesario solicitar cita previa coa xerencia da asociación e entregar na sede do CCU o resgardo de presentación de candidatura facilitado para este proceso.

Desde a entidade lembran que todas as persoas asociadas foron convocadas a participar e que dispoñen da información completa desde o 12 de xaneiro a través das canles habituais de comunicación da asociación.

O CCU enmarca este proceso electoral como un relevo natural, orientado a asegurar a continuidade do traballo realizado, pero abrindo a porta a novas ideas, novos perfís e novas prioridades, cun obxectivo compartido: defender e dinamizar o comercio e os servizos locais de Monforte.

A Tirolina na explanada da Compañía. Foto: CCU Monforte
BALANCE DO MANDATO 2023-2025

Neste contexto, a actual Xunta Directiva realiza un balance do traballo desenvolvido durante o último trienio en coordinación con Ángel Folgueira, xerente do CCU, destacando os seguintes fitos:

-Xestión estable e consolidación dun programa de dinamización competitivo, mantendo o posicionamento do CCU de Monforte entre as entidades mellor valoradas.

-Peche do trienio con superávit acumulado, reforzando a estabilidade económica mediante fondos propios.

-Cancelación da débeda bancaria, consolidando a solvencia da entidade.

-Incremento de ingresos procedentes da Xunta de Galicia e mellora da achega do Concello de Monforte.

-Medidas para fortalecer o futuro: actualización das cotas tras case 14 anos sen revisións e reforzo da estrutura profesional para garantir a continuidade dunha xerencia profesional, con 10 anos de experiencia, que seguirá a ser un apoio importante para guiar e asesorar a próxima Xunta Directiva.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...