HomesociedadeA GIG-Ensino denuncia que a Consellería non dote ao CEIP de Sober...

A GIG-Ensino denuncia que a Consellería non dote ao CEIP de Sober do profesorado necesario

O sindicato asegura que a Consellaría de Educación négase a dotar o CEIP de Sober do profesorado adicional que lle corresponde para desdobrar o agrupamento de 1º e 2º de Primaria, malia superar as ratios establecidas na normativa vixente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No centro existe un agrupamento de 1º e 2º que excede a ratio de referencia (14 alumnos/as) e que, en consecuencia, debería ser desdobrado para garantir unha atención educativa axeitada e as condicións de aprendizaxe do alumnado.

A CIG-Ensino trasladou esta situación á Xunta de Persoal da provincia de Lugo en outubro de 2025, cando o agrupamento contaba con 15 alumnos/as e xa superaba a ratio indicada. Aseguran que entón, a Xefatura de Inspección respondeu que, “segundo a normativa vixente pódese autorizar un incremento de ata o 10 % da ratio por aula para atender incorporacións tardías en períodos de escolarización extraordinaria”, e concluíu que non procedía o desdobre.

En decembro de 2025 producíronse novas incorporacións que fixeron que o grupo superase tamén ese límite do 10 %, “polo que o desdobre pasou a ser obrigado e o centro enviou informe para activar os trámites necesarios”.

A CIG ponse en contacto coa Consellería ao comprobar que seguen sen incorporar o docente necesario para efectuar o desdobre, e asegura o sindicato que a resposta foi que, “se o centro está a funcionar ben na situación actual, non sería preciso desdobrar”.

Segundo a CIG, a falta de desdobre no CEIP de Sober “non responde nin á inexistencia de necesidade nin a impedimentos organizativos, senón á decisión da Consellaría de non impulsar a tramitación que procede para adaptar os recursos do centro ás ratios establecidas”. Con todo esixen que se proceda con carácter urxente ao desdobre do agrupamento de 1º e 2º no CEIP de Sober, adoptando de inmediato as medidas de dotación e organización necesarias e garantindo unha atención educativa axeitada ao alumnado.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...