HomesociedadeSamos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

Samos vén de acooller a cuarta edición das xornadas "As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña", organizadas pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Samos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron o encontro, que se centrou na gandaría de vacún, coa exposición de experiencias de gandaría a tempo parcial como a de Diego Lopez Vila, que conta cunha gandería de carne en San Cristovo de Louzara, en Samos, ou Gutier Salgado, que se dedica ao cebo de bois en Torneiros, en Pol.

Desde unha perspectiva máis técnica, abordouse o cebo de animais adultos, con intervencións de Teresa Moreno, investigadora do CIAM, do enxeñeiro agrónomo Santiago Crecente ou o veterinario José Manuel López Préstamo.

Afondouse tamén nas novas posibilidades que ofrecen os cercados virtuais e a dixitalización no pastoreo extensivo e no mercado das carnes de calidade.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...