HomesociedadeO CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

Este pasado luns, 26 de xaneiro, remataba o prazo para rexistrar alternativas de goberno da asociación de comercio local de cara á convocatoria electoral aberta para renovar a actual Xunta Directiva en funcións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado o prazo oficial para a presentación de candidaturas co fin de renovar a Xunta Directiva da asociación, non se rexistrou ningunha candidatura.

Segundo explica o seu xerente, “trátase dunha circunstancia excepcional e inédita no histórico recente da entidade”. Ante esta situación, e tal e como se comunicou ás persoas asociadas tras o peche do prazo, a xerencia do CCU convocou unha reunión urxente coa Xunta Directiva en funcións para este xoves 29 de xaneiro ás 21:00 horas na sede da asociación co obxectivo de valorar a situación e definir os próximos pasos.

CONTINUIDADE PROVISIONAL DA XUNTA DIRECTIVA EN FUNCIÓNS

    Aínda que a vontade da actual Xunta Directiva, presidida por María del Carmen Núñez Martínez, propietaria das tendas FYM MODA, segue sendo a de facilitar o relevo e dar paso a un novo equipo xestor, vaise manter a actual Xunta Directiva provisionalmente entendendo que é un momento moi importante para a asociación na que cómpre xestionar as axudas máis importantes do ano para a entidade. Esta decisión adóptase, refiren dende a asociación, “para non interferir nin pór en risco a tramitación dunha axuda clave para a continuidade e a viabilidade económica do CCU”.

    En palabras da directiva actual, “dado que neste momento non se presentou ningunha candidatura, acordouse non iniciar polo de agora ningún novo proceso de renovación e manter a Xunta Directiva en funcións cando menos ata que remate o prazo de solicitude da subvención anual da Xunta de Galicia para Centros Comerciais Abertos, cuxa apertura é inminente”. Este proceso, apuntan tamén, previsiblemente quedará finalizado entre finais de marzo e principios de abril.

    PERIODO DE REFLEXIÓN E CONTACTOS COAS PERSOAS ASOCIADAS

    Durante as próximas semanas abrirase un período de reflexión e realizaranse contactos coas persoas asociadas para valorar opcións que permitan facilitar o relevo, promover a presentación dunha candidatura e garantir a continuidade da asociación, evitando escenarios que ninguén desexa.

    ÚLTIMAS

    Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

    O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

    A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

    A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

    A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

    O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

    Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

    O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...