HomesociedadeO Concello de Monforte concede a Kern Pharma unha prórroga de 6...

O Concello de Monforte concede a Kern Pharma unha prórroga de 6 meses para iniciar as obras no Polígono

Nas últimas conversas, os responsables da empresa expuxeron que a demora ten que ver coas dificultades derivadas da pandemia "co encarecemento dos custes na construción os problemas que afrontan as empresas farmacéuticas co crecemento do mercado de medicamentos xenéricos de China e India, que frea a implantación de proxectos en Europa e España."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local do Concello de Monforte autorizou esta semana conceder a Kern Pharma SL, o laboratorio farmacéutico do Grupo Indukern, unha prórroga de seis meses de prazo para o inicio das obras de construción da planta de produtos inxectables no Polígono do Reboredo. A solicitude deste aprazamento foi realizada por sede electrónica o día 22 de xaneiro e, destaca o alcalde, José Tomé, “amosa que o interese da empresa por instalar aquí o seu proxecto”.

O rexedor deu conta deste acordo e lembra que Kern Pharma é propietaria das parcelas unificadas 1C, 2C e 3C da rúa 3 do parque empresarial nas que ten previsto edificar a nova planta de fabricación.

O proxecto do laboratorio está concibido para a fabricación en catro áreas produtivas cando o proxecto estea completo, cun investimento de máis de 60.000.000€ e arredor dun cento de postos de traballo.

A licenza de obra prorrogada corresponde á primeira fase, cunha inversión inicial de 33M€ destinados á execución de toda a obra civil e á posta en marcha da primeira das catro áreas produtivas previstas: unha para ampollas -a primeira en entrar en funcionamento-, outra para viais e dúas dedicadas a proxectos de innovación. Ademais das zonas de fabricación, as instalacións contarán con laboratorios, área loxística e espazo de oficinas. Todas están deseñadas seguindo estándares de ecoeficiencia e sostenibilidade. En total, as instalacións ocuparán unha superficie de 14.000m2.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...