HomesociedadeA cota de neve pode baixar aos 300 metros

A cota de neve pode baixar aos 300 metros

Para facer fronte ás incidencias do temporal Helena en 22 concellos da provincia de Lugo, a Deputación mantén un dispositivo invernal con 112 operarios e 64 máquinas. Os servizos de emerxencia alertan que os efectos da borrasca continuarán nas vindeiras horas.

Publicado o

- Advertisement -

O temporal Helena, que deixou acumulacións de neve e xeo durante esta madrugada en 22 Concellos da provincia, fixo necesaria a intervención do dispositivo invernal da Deputación. O plan inclúe 112 operarios e 64 máquinas para facer fronte as incidencias que se están dando nas estradas provinciais.

Os groso do traballo está nas vías de Alta Montaña, para restablecer  a circulación e manter a seguridade, e entre os concellos máis afectados está Folgoso do Courel.

Tamén hai dificultades en estradas de Quiroga, Ribas de Sil, O Incio e Samos e recoméndase transitar con moita precaución en Taboada, Chantada e Carballedo.

Desde os servizos de emerxencia alertan de que os efectos do temporal van continuar nas vindeiras horas, e espérase que a cota de neve caia aos 300 metros. Tamén se advirte que poden darse rachas de vento que superen os 100 quilómetros por hora.

Como consello para todos aqueles que teñan que facer desprazamentos por estrada no sur da provincia e, sobre todo, nos concellos máis afectados polos efectos do temporal, recoméndase coller o coche só en caso de necesidade, circular con precaución e levar cadeas.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...