HomeCulturaEste 5 de febreiro preséntase na Casa da Cultura de Chantada, "Todo...

Este 5 de febreiro preséntase na Casa da Cultura de Chantada, “Todo por hacer” da xornalista Julia Varela

A Casa da Cultura de Chantada acolle este xoves, 5 de febreiro, ás 18:30h a presentación de “Todo por hacer”, da xornalista con raíces en Chantada, Julia Varela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A autora, con máis de dúas décadas en RTVE e coñecida por ser a voz de Eurovisión desde 2015, naceu en Pontevedra e vive en Madrid, regresando sempre que pode á terra de seu pai no Concello de Chantada.

A súa vinculación con Chantada quedou de manifesto cando no 2015 foi pregoeira das Festas Patronais de Chantada e tamén na novela que trae a Chantada na que pasea por Belesar e as ribeiras do Miño. En Todo por hacer, Varela ofrece unha historia intimista sobre a perda dunha nai, a morte, o dó, e o camiño percorrido con ausencias e feridas e tamén optimismo e luz.

Varela que se estreaba na novela no 2019 con “Por qué me pido un gin tonic si no me gusta?”, estará acompañada durante a presentación en Chantada polo tamén xornalista, Daniel Galindo. A cita está aberta ás persoas interesadas en participar.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...