HomeEconomíaMonforte, entre os concellos que máis vivendas ten sen rematar

Monforte, entre os concellos que máis vivendas ten sen rematar

Publicado o

- Advertisement -

Concellos como o de Carral, Barreiros, Narón, Valdoviño, Monforte son algúns dos que mais están afectados por unha mala política urbanística segundo denuncia a socialista María Pierres.

“A mala xestión urbanística que a Xunta aplicou e que permite deixar ao redor dunhas 50.000 unidades de vivendas sen rematar”. Foi a crítica que fixo a voceira de Urbanismo do PSdeG, María Pierres no debate dunha pregunta oral en Comisión sobre a falla de medidas eficaces para o control e vixilancia das edificacións inacabadas en Galicia.

Concellos como o de Carral, Barreiros, Narón, Valdoviño, Monforte son algúns dos que mais están afectados por este abandono e que non teñen capacidade para poder levar a cabo accións legais. Por iso, a responsable socialista instou á Xunta a dotar aos concellos de medios técnicos, económicos e administrativos para que poidan exercer o cumprimento da lei e tomar a iniciativa fronte á quebra das firmas propietarias.

Construcción abandonada/ GC

A lei do solo do 2016, no seu artigo 135, recolle de que “o deber de edificar inclúe o deber dos propietarios de rematar as edificacións para cuza execución obtiveron a preceptiva licenza”. Esta norma, dixo, “habilita á Administración de forzar a terminación das obras mediante multas coercitivas pero que en ningún caso están a facerse efectivas”.

BURBULLA INMOBILIARIA

Neste sentido, Pierres apuntou que esta situación deriva da “suma da burbulla inmobiliaria e da concesión de licenzas urbanísticas sen unha planificación axeitada”. A mala praxe urbanística, advertiu, “afecta principalmente os veciños e veciñas dos municipios que teñen que convivir con estruturas que son foco de abandono, lixo e inseguridade urbana”.

Puxo como exemplo o caso dunha edificación na vila de Carral, onde as lousas de pizarra dunha fachada de máis de 200 metros lineais, estanse a desprender sen que o  concello teña nin sequera ben delimitada e protexida a súa contorna, o que pon en serio perigo á cidadanía.

“Os principais prexudicados son aqueles pequenos investidores que non puideron ver terminadas as súas vivendas ou que cederon as súas parcelas a cambio dunha vivenda e que en ambos os casos quedan desamparados”, concluíu.

 

Urbanización abandonada en Oleiros/GC

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...