Homesociedade10.889€ para reparar pezas de sillería da Ponte Medieval

10.889€ para reparar pezas de sillería da Ponte Medieval

Os traballos proxectados consisten na reparación de dúas zonas afectadas por senllos accidentes de tráfico, ocorridos un hai varios anos e outro no pasado 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local deste luns, aprobou adxudicar á empresa Nature Infraestructuras y Servicios SL, por un importe de 10.889,13 euros, varias pezas dos muros perimetrais en ambos laterais da ponte. As obras proxectadas consisten na reparación de dúas zonas afectadas por senllos accidentes de tráfico, ocorridos un hai varios anos e outro no pasado 2025.

O incidente máis antigo moveu cinco sillares na zona de entrada á Ponte á esquerda segundo o sentido do tráfico, polo que será necesario levantalos e colocalos na posición correcta. O segundo incidente, máis recente, provocou danos na zona do primeiro cubo á dereita da ponte, no que se moveron 10 pedras, que tamén será levantadas e recolocadas.

O alcalde sinala que “a Ponte Vella ou Ponte Medieval é un ben inventariado polo Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte, e forma parte da imaxe da nosa cidade, por iso debemos mantela nas mellores condicións”. Con este obxectivo, e unha vez obtidos os permisos necesarios tanto da Dirección Xeral de Patrimonio como da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, procederase á restauración do monumento.

Os traballos consistirán no levantamento dos sillares, a limpeza manual das xuntas, e a recolocación das pedras na súa ubicación orixinal. Concretamente, limparanse as xuntas das pedras a recolocar, así como a zona de asento das mesmas, para eliminar restos soltos de terra, pequenos anacos de pedra ou de morteiro e elementos vexetais. Así mesmo, levarase a cabo unha limpeza manual da pedra con cepillo, para eliminar elementos estraños e restos vexetais, sen alterar a imaxe actual da ponte nin dos sillares.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...