HomePolíticaO PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Katy  Varela lembra que unha das promesas electorais máis destacadas do alcalde, José Tomé, foi a creación dunha praia fluvial ao carón do río Cabe, á altura de Ribas Altas, “Falouse dun gran complexo de ocio con restaurante, aparcadoiro e outras instalacións, un proxecto valorado en arredor de 5M€, do que a día de hoxe non sabemos nada”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de baño na cidade. “Con esta iniciativa queremos lembrarlle ao alcalde a importancia de pensar nas necesidades reais dos veciños e, sobre todo, de ir cumprindo as súas promesas electorais”, asegura Katy Varela.

A voceira popular considera que non é necesario acometer un “mega proxecto urbanístico”, senón que “sería moito máis necesario investir eses cartos no saneamento e logo poder realizar o acondicionamento dunha zona do río para o baño. Mentres non exista un saneamento completo, non poderemos desfrutar do río con garantías”.

Katy Varela recordou que Monforte sufriu un verán especialmente caloroso, con numerosos días nos que se superaron os 35 graos. “Os monfortinos que queren refrescarse vense obrigados a desprazarse a outros concellos ou a pagar instalacións privadas, como as do club fluvial”, apuntou.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...