HomesociedadeMelloras no pavillón municipal da Pobra de San Xiao

Melloras no pavillón municipal da Pobra de San Xiao

Os traballos, consistentes na mellora do pavimento interior, contarán cunha achega de 80.000 euros do Executivo Provincial. Trátase dunha obra enmarcada dentro do Plan de Infraestruturas Deportivas e de promoción do deporte na provincia.

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto co Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, presentaron oficialmente estas melloras que consistirán na nova pavimentación en parqué valorando que este material é o que mellor se adapta ao pavillón e que resulta altamente resistente, prolongando sensiblemente a súa vida útil e ofrecendo unha superficie máis lisa antideslizante e antireflectora.

As melloras beneficiarán a preto de 60 nenos e nenas que participan nas escolas deportivas municipais. Cando rematen as obras, os rapaces contarán cun espazo axeitado para a práctica de fútbol sala, baloncesto, balonmán, tenis, voleibol e outras disciplinas deportivas de interior.

O alcalde de Láncara considerou prioritario este traballo de renovación do chan do pavillón, pois o actual está moi desgastado froito do seu uso durante dúas décadas, e polo deterioro natural producido polos cambios nas condicións de humidade e temperatura.

Campos Conde destacou que “dentro do noso compromiso con todos os veciños da provincia, dotamos a Láncara dunhas instalacións deportivas de calidade, o que beneficiará, sobre todo, ao deporte base, un xeito de transmitir os valores do deporte e de potenciar entre os máis pequenos hábitos de vida saudables”.

outros investimentos en láncara

As obras do polideportivo enmárcanse na mellora do entorno do CPI Ramón Piñeiro, que tamén contará cunha senda peonil e unha pista multiusos exterior na contorna do río Neira, como parte dos traballos de humanización.

Tamén cabe destacar o parque infantil de Edizlo, tamén na Pobra, que agora conta cun novo chan acolchado, tobogáns, balancíns, unha tirolina e xogos adaptados para nenos e nenas de 0 a 10 anos.

O Alcalde destacou que “estas obras son posibles grazas a achega do Goberno da Deputación, que investiu preto de 170.000 euros no concello, e supoñen unha aposta polo lecer activo, non só para os máis pequenos, xa que calquera dos veciños pode beneficiarse destes espazos deportivos e de convivencia”.

 

ÚLTIMAS

Rematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

Na rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha rede separativa, nesta...

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que...

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...

O Colexio Escolapios de Monforte estará na fase nacional da VI Ciberliga

O equipo formado por Pau López, Xavier Velázquez, Sergio Méndez, Adrián Rodríguez e Mauro...