HomePolíticaO PP volve a esixir ao Goberno a rehabilitación integral da N-120

O PP volve a esixir ao Goberno a rehabilitación integral da N-120

O deputado nacional, o monfortino Francisco Conde, anunciou a presentación dunha iniciativa ante a Cámara Baixa coa que urxir ao Goberno de Sánchez a cumprir os seus propios compromisos, cumprir coas infraestruturas da provincia e cumprir cos nosos veciños executando as obras necesarias para garantir a seguridade nesta estrada nacional que leva anos en estado de abandono.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de ter presentado distintas iniciativas, o Partido Popular anuncia que volverán dirixirse formalmente ao Ministerio dende ambas cámaras. As deputadas autonómicas do PPdeG, Katy Varela e Raquel Arias seguen a esixir a súa mellora ante o seu alarmante mal estado e tendo en conta que é unha vía fundamental para a mobilidade do sur da provincia de Lugo

As parlamentarias populares lideraron unha iniciativa na que se instaba á Xunta de Galicia a demandar ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible:

  • A rehabilitación integral do firme da Nacional 120 desde O Barco de Valdeorras ata Ourense, así como a construción dos carrís adicionais comprometidos entre Os Peares e Ourense.
    • Reiterar a solicitude da execución das obras de mellora da seguridade viaria anunciadas polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible no BOE do 30 de abril de 2024.

    Desde aquela, aseguran que o Ministerio limitouse a realizar pequenas actuacións de parcheo, “claramente insuficientes para dar solución aos graves problemas que presenta esta infraestrutura” e que as inclemencias meteorolóxicas empreoraron facéndoa “absolutamente intransitable, con fochancas, firme deteriorado e evidentes riscos para a seguridade dos condutores”.

    Os populares subliñan que un dos treitos máis afectados é precisamente o que une Sober con Monforte de Lemos, onde o deterioro do pavimento compromete seriamente a seguridade viaria e prexudica tanto aos veciños como á actividade económica da comarca. “As actuacións puntuais non son suficientes. O que precisa a N-120 é unha intervención integral e planificada que garanta a seguridade e a dignidade dunha estrada esencial para o sur de Lugo”, sinalan os populares.

    Os deputados populares reclaman ao Goberno do Estado que asuma as súas competencias e cumpra cos compromisos adquiridos, poñendo fin ao abandono dunha vía clave para a vertebración territorial e o desenvolvemento económico da comarca de Lemos e de toda a provincia.

    ÚLTIMAS

    Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

    A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

    Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

    O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

    Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

    Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

    20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

    A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...