HomeEconomíaNova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

O Concello de Chantada repite un ano máis as axudas á natalidade que neste 2026 contan cun crédito de 60.000€ para seguir contribuindo a fixar poboación no municipio a través de mecanismos que favorezan o nacemento e crianza de nenas e nenos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar ás familias cos gastos no momento do nacemento para favorecer o asentamento poboacional. As bases publícanse este luns, 23 de febreiro, no BOP e na sede electrónica do Concello de Chantada establecendo dúas liñas de axuda para o primeiro ano de nacemento ou adopción e para o segundo ano:

  • Liña 1: Axudas de primeiro ano de nacemento ou adopción. As axudas serán de 800€ por neno/a nado/a ou adoptado/a. O prazo de presentación de solicitudes será de 4 meses dende o nacemento ou adopción ou de 4 meses dende a publicación das presentes bases.
  • Liña 2: Axudas de segundo ano de nacemento ou adopción. As axudas serán de 400€ por neno/a nado/a ou adoptado/a. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de outubro de 2026.

Para ser beneficiarios/as das axudas deben cumprirse os seguintes requisitos:

  • Os pais, ou polo menos un de eles, deberán estar en situación regular en España e estar empadroados no Concello de Chantada cunha antelación mínima de 1 ano á data de parto ou adopción.
  • Os nenos/as nados/as ou adoptados/as deberán estar empadroados no Concello de Chantada.
  • Os solicitantes ou solicitante da axuda deberá comprometerse a seguir empadroados no Concello de Chantada, el/ela e os nenos/as, por un período de catro anos dende o nacemento ou adopción.

As solictitudes presentaranse no rexistro Xeral do Concello de Chantada, aportando a seguinte documentación:

  • DNI ou NIE do/a solicitante, e tratándose de estranxeiros, documento que acredite a residencia legal en España.
  • Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil ou copia do auto xudicial de adopción, no seu caso.
  • Certificación de titularidade do número de conta bancaria no que se recibirá a axuda.
  • Declaración xurada de axudas recibidas ou solicitadas para a mesma finalidade. (ANEXO II)
  • Compromiso de seguir empadroado no Concello de Chantada por un período mínimo de catro anos (ANEXO I)
  • Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario.
  • Declaración xurada de estar o corrente coas obrigas tributarias da AEAT E ATRIGA e da Seguridade Social (ANEXO II)

O procedemento de concesión de estas subvencións será o de convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva. O prazo para a resolución do procedemento será de 3 meses dende a presentación da solicitude. A axuda contemplada nas presentes bases será compatible con calquera outra axuda para a mesma finalidade que poda obterse de outros organismos

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...