HomeDeportesO Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar comeza en Sober o...

O Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar comeza en Sober o 1 de marzo

O III Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar do programa de deporte infantil da Xunta de Galicia, XOGADE, comeza este domingo, 1 de marzo, no Concello de Sober, podendo inscribirse ata o xoves 26 para participar nesta primeira proba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición participan 4 concellos co seguinte calendario:

  • Sober, domingo, 1 de marzo
  • Carballedo, venres, 13 de marzo
  • Chantada, sábado, 18 de abril
  • Pantón, venres, 24 de abril

Das carreiras poden participar nenos/as de toda a provincia de Lugo en idade escolar coas seguintes categorías.

  • Prebexamín, nados/as 2020-2019 cunha distancia de 500 metros
  • Benxamín, nados/as 2018-2017 cunha distancia de 500 metros
  • Alevín, nados/as 2026-2015 cunha distancia de 1000 metros
  • Infantil, nados/as 2014-2013 cunha distancia de 1500 metros
  • Cadete, nados/as 2011-2012 cunha distancia de 2000 metros

A inscrición é gratuíta debendo confirmar a participación aos profesores de ximnasia dos diferentes municipios participantes ou a través do correo edmchantada@gmail.com. A participación inclúe transporte e seguro para a realización das distintas carreiras, ademais do acompañamento de dous adultos como persoal técnico.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...