HomesociedadeDous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

O Concello de Chantada, a través do Centro de Información á Muller, organiza unha variada e completa programación para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. Nesta xornada lerase o manifesto e farase coincidindo coa Feira do Viño de Chantada. A concelleira de Igualdade, Pamela Fernández, lerá o manifesto o domingo, 8 de marzo, ás 12:45h no palco central, antes do pregón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais na maxia”, que terá lugar na Biblioteca Municipal ás 18:15h. Trátase dun espectáculo divertido, dinámico e participativo, onde a maxia, o humor e a interacción co público son os grandes protagonistas. A función achégase á loita pola igualdade e á prevención da violencia de xénero, empregando a maxia como ferramenta de coeducación. Abordaranse temas como a fenda salarial, os estereotipos ou o papel das mulleres na historia e no mundo laboral.

Despois da lectura do manifesto o propio día 8, a seguinte cita será o venres, 13 de marzo ás 19:00h na Casa da Cultura coa presentación do IV Plan de Igualdade. O Plan de igualdade e contra a violencia de xénero 2026-2030 do Concello de Chantada é unha fe­rramenta de planificación e coordi­nación transversal, concibida para orientar as políticas públicas munici­pais cara a un modelo de convivencia baseado no respecto, na correspon­sabilidade e na equidade.

O sábado, 28 de marzo, ás 19:00h no Auditorio Municipal, proxectarase a película, “La mitad de Ana”que trata a identidade de xénero. A maiores no mes de marzo celebraranse obradoiros de educación afectivo sexual nos centros de educación secundaria da vila. “Outro ano máis centrámonos no ámbito educativo dedicando o contacontos de principios de mes, neste caso á igualdade e seguimos facendo actividades nos colexios e institutos. Os obradoiros nos centros de ensino poderían ampliarse tamén ao mes de abril porque están mostrando moito interese neste tipo de actividades para concienciar ao alumnado na igualdade e contra a violencia de xénero”, sinala a concelleira de Igualdade, Pamela Fernández.

A programación do 8M no Concello de Chantada completarase co obradoiro “Sementando autocoidado” que se desenvolverá durante o mes de abril. Trátase dun obradoiro de autoestima e benestar emocional para mulleres co obxectivo de fomentar que as mulleres recoñezan os seus recursos persoais, facilitando a expresión emocional e a construción de relacións máis saudables consigo mesmas e cos demais. O taller destínase a mulleres da contorna rural de Chantada con especial atención ás mulleres con sobrecarga familiar, mulleres coidadoras ou en situación de illamento social.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...