HomePolíticaCourel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

A Xunta de Galicia vén de presentar o anteproxecto da nova Lei de Administración Local de Galicia. O anteproxecto fala de eliminar o entidade administrativa das comarcas e pasar a depender para todo da provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os servizos da xente. Supoñendo unha perda de servizos que se prestan con ámbito comarcal ou de proximidade (oficinas agrarias, dispositivos de emerxencias, coordinación de incendios, atención social de proximidade,…). “A desaparición do encaixe comarcal como referencia pode dificultar a planificación e a atención de proximidade”, asegura Courel Vivo.

A formación política considera positivo que a futura lei teña en conta factores como o reto demográfico, a dispersión da poboación e o envellecemento, “Pero sen incorporar o factor montaña, estes criterios non recollen os sobrecustos reais de accesibilidade e prestación”. Entenden o proxecto insuficiente ó non recoñecer de maneira expresa a realidade específica dos concellos de montaña, “tal como o recollen outras comunidades autónomas, priorizando as inversións en concellos como o noso”.

Lembran que no 2024 tiñan solicitado esta mesma lei e agora que aínda está en redacción e exposición publica, “é o momento de alegar. Non é o mesmo un concello pequeno ou disperso situado na contorna dunha cidade, con acceso próximo a servizos públicos, emprego e infraestruturas, que un concello de montaña afastado, a máis dunha hora de centros hospitalarios, administrativos ou económicos. A aplicación de criterios uniformes a realidades tan distintas non garante igualdade, senón que perpetúa desigualdades estruturais”, insisten desde Courel Vivo.

Así, Courel Vivo propón ao pleno do 13 de marzo:

  • Que Galicia – ó igual que outras Comunidades – recoñeza os concellos de montaña cunha Lei de Montaña (ou que a nova lei o inclúa de forma específica): máis financiamento, servizos garantidos, axudas o empredemento,  protección do territorio e apoio ao turismo de montaña sostible.
  • Non acabar co carácter administrativo das comarcas e a atención de proximidade. Iso é unha forma de centralizar servizos en Lugo en vez de telos preto da xente.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...