HomesociedadeAlumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final...

Alumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final do ‘torneo de debate do Parlamento Xove’

O equipo está formado por Verónica Capela, Estefanía Fernández, África Guitián e Martín Quevedo, mentres que a dirección recae na profesora Pilar López.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un equipo da ESO do IES Río Cabe vén de conseguir o segundo posto na primeira fase do torneo no que participaron un total de 24 equipos procedentes de distintos centros educativos públicos e privados de toda Galicia.

As alumnas e o alumno que formaron parte: Verónica Capela, Estefanía Fernández, África Guitián e Martín Quevedo, demostraron un alto nivel de preparación, compromiso e traballo en equipo ao longo de toda a competición. Este resultado permítelles situarse entre os oito primeiros clasificados, garantindo así o seu pase á fase final de eliminación directa que se celebrará en xuño en Santiago e na que haberá cuartos de final, semifinal e final do torneo. A dirección do equipo correu a cargo da profesora Pilar López.

“A participación estivo marcada pola intensidade das probas e pola igualdade entre os equipos, o que dá aínda máis valor ó logro acadado polo alumnado do centro. O seu desempeño destacou non só polos resultados obtidos, senón tamén pola actitude, o respecto ás normas e o espírito deportivo amosado en todo momento”, comenta o director Carlos Parada ao tempo que felicita ás rapazas participantes polo esforzo e dedicación, e ao profesorado polo traballo de preparación do grupo.

O IES Río Cabe celebra este logro con orgullo e afronta con ilusión e responsabilidade a seguinte fase do torneo. Así mesmo, aproveita tamén para desexarlle sorte ao equipo de bacharelato que participará nesta liga de debate a vindeira fin de semana.

PARLAMENTO XOVE

Parlamento Xove é un programa da Xunta de Galicia baseado nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...