HomePolíticaCiclo Feminista 8M do BNG Lugo Sul

Ciclo Feminista 8M do BNG Lugo Sul

O BNG da comarca (Lugo Sul – Terra de Lemos) presentou o seu Ciclo Feminista 8M, un programa de actividades que se desenvolverán ao longo do mes de marzo en distintos puntos da comarca, co obxectivo de reforzar o compromiso co feminismo como ferramenta de transformación social.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na presentación pública participaron Candela López e Rosana Prieto, quen fixeron fincapé na necesidade de avanzar en políticas feministas con coherencia e determinación. Candela López sinalou que “o feminismo é hoxe máis necesario ca nunca, porque estamos vendo como se cuestionan dereitos que críamos consolidados. Non chega con xestos simbólicos; fan falta políticas públicas valentes, recursos e compromiso real para combater as desigualdades estruturais”.

Pola súa parte, Rosana Prieto destacou que “o 8M non é unha data illada no calendario, é un proceso de mobilización permanente. Desde a comarca queremos abrir espazos de debate, análise e acción colectiva para fortalecer o feminismo tamén no rural e nas vilas”.

Programa do Ciclo Feminista 8M – Lugo Sul

  • 7 de marzo ás 10:00h en Monforte de Lemos. Seguir o rastro: Obradoiro de mapeo colectivo sobre a historia recente das mulleres traballadoras, con posterior paseo crítico pola vila (Hotel Cardenal).
  • 14 de marzo ás 18:30h en Monforte de Lemos. A muller na política, organizada pola Asociación A Xacia (Centro do Viño Ribeira Sacra).
  • 19 de marzo ás 20:00h en Monforte de Lemos. Traballos feminizados: visibilización e recoñecemento, mesa redonda con Paula Santos (Centro do Viño Ribeira Sacra).
  • 26 de marzo ás 20:00h en Goián (Pantón). Construción do xénero e relacións de poder. Como inflúen na nosa identidade e na forma de vincularnos, charla impartida por Cristina Vieco (Casa do Campo). Mural Feminista – Toldaos (Pantón)

Desde o BNG comarcal insisten en “que o feminismo é defensa de dereitos, cuestionamento de privilexios e construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, e facemos un chamamento á participación activa da veciñanza en todas as actividades programadas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...