HomePolíticaO PP de Monforte ofrece os seus votos ao PSOE para facilitar...

O PP de Monforte ofrece os seus votos ao PSOE para facilitar a saída de José Tomé e un goberno alternativo

O PP de Monforte vén de presentar en rolda de prensa unha prosposta que cualifican de "paso adiante ante a crítica e insostible situación que atravesa o Concello. Nun exercicio de responsabilidade institucional, ofrecemos os votos do noso grupo para propiciar un cambio e formar unha alternativa de goberno que recupere a dignidade da alcaldía”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, amosou o seu asombro ante a actitude de normalidade do alcalde e do grupo socialista, “Seguimos abraiados coa normalidade que pretenden aparentar tras coñecerse a querela da Fiscalía por indicios fundados de acoso sexual e abuso de función pública. Non é unha cuestión administrativa, é unha mancha gravísima sobre a institución”.

Varela lembrou que o PSOE presumiu de ser un partido feminista e intolerante ante condutas machistas esixindo dimisións alleas, pero a realidade é que “non están sendo coherentes co que pasa en Monforte; por dignidade e por feminismo, dirixímonos a eses concelleiros socialistas que aínda teñan criterio: poñemos os nosos votos á súa disposición para apartar a Tomé e salvar o futuro da cidade”.

Katy Varela dixo querer respectar o mandato das urnas, “Non podemos quedar de brazos cruzados mentres o nome de Monforte sae nos medios por cuestións tan deplorables. Ofrecemos unha saída democrática se aínda queda alguén de ben no grupo socialista que queira salvar a honra da nosa cidade”, afirmou.

Segundo os populares, o ofrecemento non é un cheque en branco, senón un exercicio de hixiene democrática. Neste sentido marcou distancias con calquera intento de manter unha liña similar á actual: “Temos liñas vermellas, que ninguén se equivoque: as alcaldías non son hereditarias. Monforte necesita unha renovación real, non un relevo a dedo para que todo siga igual”.

Katy Varela convida ao resto da oposición a sumarse a esta iniciativa: “convidámolos a unirse a esta proposta para acadar ese cambio que tanto necesita Monforte”, asegurando que a permanencia de Tomé é “un lastre” para o futuro do concello.

“É un insulto aos monfortinos que, mentres a cidade sofre as consecuencias deste escándalo, teñamos un alcalde co soldo máximo e, ao mesmo tempo, outra persoa no equipo de goberno que xa percibe un salario equivalente ao de alcalde”, conclúe a popular.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...