HomePolíticaO BNG de Monforte esixe a dimisión de Tomé e reclama "responsabilidade...

O BNG de Monforte esixe a dimisión de Tomé e reclama “responsabilidade política en defensa dos dereitos das mulleres”

BNG de Monforte manifesta a súa máxima preocupación tras a querela presentada pola Fiscalía contra o alcalde de Monforte, José Tomé, "Trátase dunha situación que xa está no ámbito xudicial e que, con independencia do seu percorrido procesual, ten consecuencias políticas evidentes".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG manifesta o seu respecto absoluto á presunción de inocencia e ás garantías do procedemento xudicial e engade, “a responsabilidade política non pode quedar suspendida á espera dunha resolución firme. A exemplaridade no exercicio do cargo é unha obriga democrática”.

Aseguran os nacionalistas, que “a gravidade dos feitos investigados, vinculados a comportamentos incompatibles cos principios de igualdade e respecto, sitúa ao Concello de Monforte nunha posición institucional insostible. Non se pode defender publicamente a igualdade, aprobar declaracións institucionais polo 8M ou falar de políticas feministas mentres se mantén esta situación na máxima representación municipal.”

Emilio J. Sánchez, voceiro do BNG en Monforte, asegura que “José Tomé debería presentar a súa dimisión inmediata. Monforte non pode normalizar esta situación nin trasladar á cidadanía a mensaxe de que todo vale. E se non o fai, o PSdeG debe actuar.” Anuncia que estudará todas as vías políticas e institucionais ao seu alcance para garantir que esta persoa non continúe exercendo as funcións de alcalde, “A defensa da dignidade institucional e dos dereitos das mulleres está por riba de calquera cálculo partidario”.

Pola súa banda ante a decisión da Fiscalía de querelarse contra José Tomé desde o grupo provincial do BNG traslada que:

  • Esiximos a dimisión de José Tomé como presidente da Deputación desde o primeiro momento. O posicionamento do BNG forzou a dimisión de José Tomé, que non forma xa parte do goberno provincial.
  • Esiximos tamén desde o primeiro momento a renuncia de José Tomé á súa acta como deputado provincial, por respecto á persoa denunciante, á cidadanía e á política. A querela da Fiscalía reafirma o noso posicionamento.
  • Reiteramos o apoio total á vítima nas decisións que tome. Ante casos de acoso sexual, é fundamental respectar a vontade e os tempos das vítimas e asegurar, desde as institucións, que se dan as garantías necesarias para que, cando o consideren, acudan aos tribunais, como aconteceu neste caso.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...