HomeDeportesO taboadés Alberto Fidalgo 3º na Copa de España de Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo 3º na Copa de España de Marcha Nórdica

Acadou este posto na categoría sénior masculino nunha competición que tivo lugar en Utebo, Zaragoza, o pasado 1 de marzo. Este sábado día 7 participará en Arnedo nunha proba de 'Ranking Nacional'. Falamos con el, e desvélanos unha primicia, este ano compite xa co recoñecemento de 'deportista galego de alto nivel'.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O pasado 1 de marzo, o deportista de Taboada Alberto Fidalgo Pesquera acadou un moi bo resultado na 1ª Copa de España de Marcha Nórdica disputada en terras zaragozanas. Quedou 3º na categoría sénior masculino e 16º na xeral con 250 participantes nunha proba que tiña un circuíto de 12 quilómetros.

“A tempada non fixo máis que empezar” recoñece Fidalgo, ao tempo que nos explica que leva xa meses preparándose para afrontar a tempada. Ademais, este sábado 7 de marzo terá outra oportunidade de seguir collendo ritmo deportivo cunha ‘Proba de Ranking’ que se desenvolverá en Arnedo, La Rioja. Sabendo que tiña esta proba aproveitou xa para tomar a semana como vacacións e quedou pola zona. Deste xeito, explica, “estiven adestrando e aproveitei para camiñar polo Pirineo”.

Estas probas, explica o deportista taboadés, “serven para coller ranking”. Participando nelas, ademais de tomalas como se fosen adestramentos, por boa clasificación cóllense puntos que valen despois para gañar postos de saída e partir con vantaxe nas carreiras ao poder situarse máis adiante.

Ademais destas probas de ranking, Alberto Fidalgo, explícanos que no circuíto nacional hai 4 probas de Copa –1 xa foi–, e un Campionato Individual de España, competición que será en xuño. “Esta é a proba raíña e hai que estar a tope”, comenta. Despois, tamén hai campionatos europeos e conta con poder participar nalgún.

Alberto Fidalgo en competición. Foto: A.F.
SOPORTE ECONÓMICO PARA COMPETIR

Preguntámoslle ao deportista como fai fronte aos gastos que lle ocasionan estas competicións e dinos que a súa participación é posible grazas aos patrocinadores. Neste punto quere agradecerlle a súa confianza e soporte económico a: Fundación Luckia, Casa Grande de Xanceda, Marathon Running Shop, Movendo Fisioterapia, Enonatur, ETP, e O Chanto Fisioterapia de Sarria.

Grazas a estes patrocinadores “este ano podo cubrir gastos do circuíto nacional”, di Fidalgo.

DEPORTISTA DE ALTO NIVEL

Antes de rematar a entrevista, Alberto Fidalgo desvélanos que este ano compite xa como “deportista galego de alto nivel”. Tras solicitar á Xunta este recoñecemento, e presentar xustificantes de méritos e títulos acadados na súa carreira deportiva, a Secretaría Xeral para o Deporte resolveu favorablemente recoñecéndoo “Deportista galego de alto nivel” en xaneiro deste 2026.

Alberto Fidalgo recollendo a medalla de bronce na 1ª Copa de España. Foto: A.F.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...