HomesociedadeQuiroga celebra a IX edición dos 'Cantos de taberna'

Quiroga celebra a IX edición dos ‘Cantos de taberna’

Será este sábado 7 de marzo a partir das 18:00 h. e contará con 7 grupos de música tradicional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga encherase de música tradicional este 7 de marzo con sete grupos que chegan de diferentes lugares de Galicia, sendo a súa maioría da contorna máis próxima. As formacións musicais que se anotaron son as seguintes: Ministreles, Son do Mao, Os Tarabelos, Xolda, Abertal, O Recanto e Os Trabazos.

Antes do comezo reuniranse os grupos participantes na Casa da Cultura do concello para que a organización lles dea indicacións e o itinerario do percorrido. Nesta edición participa a totalidade de bares e cafeterías da vila quiroguesa, concretamente: A Terriña Salvaxe, o Mesón Ferreiriño, a Matrioshka, Chapakuña, Ruxe-Ruxe, Quiper, A Taberna, A Botica, O Portón, As Palmeras, O Estanco, A Pedra e a Adega de María.

“As actuacións comezarán a partir das seis e media da tarde aproximadamente, para rematar sobre a media noite na praza da rúa Lago. En cada establecemento a actuación de cada grupo roldará a media hora, cun repertorio de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais”, explican dende a organización.

Os Ministreles. Foto deles.

O Concello de Quiroga entrégalle a cada grupo participantes 150 € para gastar nos establecementos onde actúe, mentres que os establecementos participantes comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...