HomesociedadeA UNED de Monforte estrea o Programa Sénior

A UNED de Monforte estrea o Programa Sénior

A Aula UNED de Monforte de Lemos por en marcha o Programa Sénior, unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 55 anos interesadas en enriquecer os seus coñecementos, independentemente da súa formación académica. A actividade estrése co curso “Unha aproximación ao patrimonio histórico-artístico na Ribeira Sacra”, que se desenvolverá ata xuño. As persoas interesadas poden matricularse ata o 19 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación que xa comezou a finais de febreiro está impartida por Ruth Díaz Amor. As clases son presenciais, na Aula UNED de Monforte, todos os martes, de 17.00 a 19.00 horas, o que supón un total de 15 sesións de dúas horas. O prezo da matrícula é de 50€ e o prazo de inscrición está aberto ata o 19 de marzo, a través do correo electrónico monforte@lugo.uned.es, no que tamén se ofrecerá máis información sobre o curso.

O rexedor anima as persoas maiores de 55 anos interesadas en mellorar os seus coñecementos a rexistrase nesta iniciativa que, “ademais de ofrecer aprendizaxes e un mellor coñecemento do entorno cultural, favorece a comunicación, as relacións sociais e o encontro interxeracional”. A UNED de Monforte supera por primeira vez as 100 inscricións na súa oferta académica.

O curso ofertado céntrase na gran concentración de patrimonio histórico, cultura e natural da Ribeira Sacra e fai un repaso pola súa historia co fin de entender o que é hoxe este territorio, candidato a formar parte do catálogo de lugares Patrimonio Mundial da Unesco.

A través das diferentes sesións formativas, e cunha metodoloxía centrada na reflexión, a observación, a comparación e o análise, o alumnado poderá identificar os principais referentes do patrimonio histórico-artístico da Ribeira Sacra, a cronoloxía histórica, a terminoloxía histórica e artística de cada período, e os características estilísticas asociadas a cada período.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...