HomePolíticaSumar Galicia cuestiona a nova fonte do Parque dos Condes e outras...

Sumar Galicia cuestiona a nova fonte do Parque dos Condes e outras actuacións urbanísticas na cidade

A nova actuación prevista no Parque dos Condes para instalar unha fonte cualificada como “emblemática” implica a retirada de árbores e altera de forma significativa as condicións de habitabilidade do espazo. Movemento Sumar Galicia advirte de que esta intervención afecta á sombra, á continuidade do arborado e ao equilibrio dun dos principais espazos verdes da cidade, reducindo a súa utilidade social e ambiental.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sumar Galicia sinala que nos últimos anos se deu unha sucesión de actuacións que responden a un mesmo patrón. Refírense a intervencións como a do Malecón, as actuacións na Zona D, o derrubamento en 2022 da vella fábrica de curtidos ou o “moi contestado derrubamento do muro de pedra do Parque dos Condes seguiron unha dinámica semellante: anuncio unilateral por parte da alcaldía, execución por fases e creación de feitos consumados, sen participación veciñal real nin procesos abertos de debate sobre os proxectos.”

A organización lembra que calquera obra pública que afecte ao patrimonio colectivo “debe contar necesariamente cun proceso de deliberación pública, avaliación de alternativas e rendición de contas con total transparencia. Trátase de actuacións financiadas con recursos públicos e, polo tanto, a cidadanía debe poder coñecer, avaliar e participar nas decisións que afectan ao seu espazo común.”

Movemento Sumar Galicia considera que toda actuación municipal de relevancia debe garantir procedementos transparentes, coa publicación accesible e completa dos proxectos, dos criterios de intervención, das partidas orzamentarias e das prioridades políticas que os sustentan, así como unha explicación clara das alternativas estudadas e das razóns polas que foron descartadas.

Defenden que a participación cidadá non pode reducirse a un trámite posterior nin a unha comunicación unidireccional desde o goberno local, “debe existir un proceso previo de escoita e contraste real, que permita a participación efectiva da veciñanza na definición das actuacións que transforman o espazo público”.

A formación subliña tamén que unha política urbana responsable debe priorizar as necesidades cotiás da cidade: o mantemento do espazo público, o confort climático, a accesibilidade universal e o coidado do verde urbano, “Estes elementos son determinantes para a saúde colectiva, a calidade de vida e a cohesión social, especialmente nunha cidade cunha importante poboación de idade avanzada.”

Con todo Sumar Galicia na provincia de Lugo esixe ao Concello de Monforte de Lemos a publicación inmediata e accesible de toda a documentación relativa ao proxecto da fonte do Parque dos Condes, incluíndo a memoria xustificativa, os planos principais, as medicións, a avaliación do impacto sobre o arborado e os espazos de estancia, así como os criterios de priorización da actuación.

Reclaman a apertura dun procedemento de contraste público que inclúa unha sesión técnica informativa e un período para a presentación de alegacións ou alternativas antes de executar calquera actuación irreversible sobre
as árbores do parque.

Finalamente solicitan unha revisión das prioridades de intervención no espazo público central da cidade, “incorporando como criterios principais de planificación a habitabilidade cotiá, a sombra, o confort climático, a accesibilidade e a protección do verde urbano”.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...