HomesociedadeO IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Esta dona ten 94 anos e foi unha das pioneiras na comarca en varios aspectos. "Foi unha das primeiras en conducir e rexentou un negocio fortemente masculinizado", comenta a alcaldesa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando e conmemorando a loita histórica das Mulleres pola igualdade dos dereitos, o recoñecemento da súa contribución á sociedade e á eliminación da discriminación e violencia de xénero. Esta resumida declaración de intencións foi trasladada ao público asistente, primeiro amosando o traballo realizado con gancho que se pendurou na fachada da Casa do Concello, e despois coa lectura do Manifesto á finalización do acto.

A Alcaldesa deu as grazas pola asistencia e, en concreto, ás Mulleres da Asociación de Xubilados polo fermoso traballo feito en Gancho, unha obra na que cada unha das participantes lembra a vida dunha das Mulleres que perderon a vida por violencia de xénero ou violencia vicaria.

“Este traballo feito en Gancho únese a todos os que se levan feito e se continuarán a realizar para engalanar as rúas, prazas, Castelo,  Igrexas,… en momentos singulares”, dixo tamén a Alcaldesa, Sara Inés Vega.

ENTREGA DO IV PREMIO DA MULLER CALDELÁ

Este ano levou o recoñecemento Pepita Carballo, unha das mulleres pioneiras en Castro Caldelas. “Con 94 anos foi unha das primeiras en conducir un coche, creou e estivo a fronte dunha Ferretería e déposito-despacho de gas, un negocio fortemente masculinizado que a día de hoxe sigue activo e moi ampliado polo seu fillo e neto”, dixo Alcaldesa engadindo tamén que “foi e é unha muller de fortes inquietudes e convincións, creando a primeira Asociación de Xubilados de Castro Caldelas, sendo un fortísimo aliciente e impulsora para acadar unha calidade de vida e forte actividade das Mulleres e dos seus tempos de lecer”. 

Como remate, Sara Inés declaraba a súa admiración pola fortaleza e disciplina que a caracterizan, e agradecía tamén a colaboración recibida pola súa parte nos anos que leva no concello.

A Alcaldesa dirixíndolle unhas palabras a Pepita Carballo. Foto: Concello de Castro Caldelas.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...