Homesociedade'Mulleres con ronsel', iniciativa do CEIP P. A Pobra do Brollón para...

‘Mulleres con ronsel’, iniciativa do CEIP P. A Pobra do Brollón para celebrar o 8M

A iniciativa trata de poñer en valor a loita de mulleres que deixaron pegada coa súa superación dos roles de xénero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CEIP P. A Pobra do Brollón está a celebrar o 8M desenvolvendo ao longo desta semana con exposicións grupais que tratan de poñer en valor a loita de moitas mulleres. A actividade, que leva por título “Mulleres con ronsel”, busca reivindicar o papel de moitas mulleres que superaron e superan os roles de xénero que se impoñen socialmente en cada época que lles tocou ou toca vivir.

“Coa investigación de cada aula daremos voz a diferentes mulleres que lograron vencer os roles de xénero impostos na súa época”, comentan dende o centro escolar.

Espello que se agasallou en nome do concello. Foto: CEIP P. A Pobra do Brollón.

As exposicións comezaron o pasado martes, 10 de marzo, descubrindo a Olimpia Valencia e a María Pita. Nesta primeira sesión estiveron presentes Marián Martínez, concelleira de educación, e Mónica Carballo, educadora familiar. Ademais, estas aproveitaron a visita para agasallar aos presentes cun espello que “busca mirar máis alá”. Este mércores 11 as mulleres protagonistas foron a piragüista Teresa Portela e a científica Aida Fernández.

María Pita, a muller protagonista de ‘Mulleres con ronsel’ do pasado martes. Foto: CEIP P A Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...