Homesociedade7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra...

7 establecementos participan no Concurso de Tapas de Taboada que se celebra os días 13 e 14 de marzo

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (ACIMTA) organiza unha nova edición do Concurso de Tapas Taboada 2026, un evento gastronómico que busca poñer en valor a hostalería local e dinamizar o comercio do municipio durante dous días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concurso terá lugar os días 13 (venres) e 14 (sábado) de marzo con horario de 19:00 a 23:00. Nesta edición participan sete establecementos hostaleiros do municipio, cada un deles cunha tapa de elaboración propia que o público poderá probar ao longo do concurso:

  • Restaurante Urdi, Rulo de beicon e queixo con salsa de mel
  • Cafetería Scala, Cordon bleu con salsa doce
  • Cafetería Santa Lucía, Bocado de porco
  • Bar Parrillada Mencía, Se che gusta, sábeche ben!
  • Café Bar Mario, Musakiñas
  • Bar Cafetería Devezo, Tosta de pemento recheo
  • Café Bar O’Rian, A mini burguer do Rian


Calquera persoa que acuda ao evento poderá participar como xurado popular: probar as sete tapas e votar pola súa favorita a través dunha tarxeta de votación facilitada nos establecementos participantes.

Ademais da votación, todos os participantes entrarán no sorteo de agasallos achegados polos colaboradores do evento. O gañador do concurso será o establecemento que acumule maior número de votos ao remate dos dous días e darase a coñecer o vindeiro mércores, 18 de marzo.

O concurso conta coa colaboración do Concello de Taboada e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) a través da súa campaña E Para Comer, Lugo. Os premios para os participantes do xurado popular serán achegados por estes colaboradores.


ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...