HomesociedadeOs Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación "Os composteiros de Monforte"

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

Arredor de 140 alumnos e alumnas de 1º de Primaria asistiron na Casa da Cultura á presentación do libro “Os composteiros de Monforte”, protagonizado polos Bolechas, nun acto no que o propio autor realizou varias láminas en directo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada da cidade que é un composteiro, como se recicla a materia orgánica e para que serve o compost. No acto de presentación deste venres proxectouse o conto e Pepe Carreiro elaborou en vivo tres láminas protagonizadas polos integrantes da familia Bolechas, Tatá, Loli e o can Chispa en diferentes situacións relacionadas coa reciclaxe.

Na súa intervención, o alcalde, José Tomé, falou da importancia de coidar o medio ambiente e recordou que o Concello de Monforte entrega de forma gratuíta composteiros e cubos para a recollida da materia orgánica a través do colector marrón. Así mesmo, animou aos escolares a trasladar esta mensaxe ás súas familias para mellorar a xestión dos residuos.

A edición deste libro, que chegará a todos os centros educativos da cidade, forma parte da campaña informativa impulsada polo Concello de Monforte para mellorar a xestión dos residuos orgánicos e a compostaxe.

Composteiro e cubo marrón

A veciñanza que desexe sumarse ao voluntariado marrón pode rexistrarse chamando ao teléfono do concello 982 402 501, acudindo ás oficinas municipais na Praza Campo de San Antón ou a través da solicitude online FORMULARIO ONLINE SOLICITUDE DE TI TES A CHAVE CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS. Así mesmo, o Concello fai tamén un chamamento especial aos grandes xeradores de orgánica, establecementos de hostalaría e comercio, aos que se informa porta a porta sobre o servizo de recollida desta fracción. 

Aqueles que residan nunha vivenda illada e que conten cunha parcela ou horta dun mínimo de 25 m2 poden solicitar o composteiro, ben chamando ao teléfono do Concello  982 402 501, acudindo ás oficinas municipais na Praza Campo de San Antón ou ben directamente a través do FORMULARIO ONLINE SOLICITUDE DE COMPOSTEIRO INDIVIDUAL CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.

Para participar neste programa e poder optar á recepción dun composteiro, os solicitantes terán que estar censados en Monforte de Lemos e que a leira ou terreo no que vaian instalar este composteiro,  se sitúe no termo municipal de Monforte de Lemos, coas dimensións de polo menos 25 m2 de superficie.

Os usuarios e usuarias teñen que comprometerse a utilizar adecuadamente este composteiro. Xa que ademais, unha vez entregados e postos en marcha, levaranse a cabo visitas de seguimento dos mesmos, para certificar o seu correcto uso así como solucionar dúbidas que poidan xurdir.

ÚLTIMAS

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...