HomesociedadeO CC Pontevella ofrece vales-agasallos para celebrar o Día do Pai

O CC Pontevella ofrece vales-agasallos para celebrar o Día do Pai

Por compras superiores a 20 € participarase no sorteo de 10 tarxetas de 250 € para gastar nesta área comercial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con motivo do Día do Pai, dende o 12 e ata o 19 de marzo, o Centro Comercial Ponte Vella de Ourense convida a participar nunha promoción para gañar unha das 10 tarxetas de 250€ que se sortearán.

Para conseguir este premio cómpre achegarche ao Punto de información en horario de 10:00 a 23:00 horas (domingos e festivos de 15:00 a 23:00 horas) e validar as compras de establecementos de Ponte Vella por valor de 20€ (nun ou varios tickets) e encher o cupón de participación no sorteo. Cada cliente poderá participar tantas veces como múltiplo de 20 € sexa o total do importe das súas compras ata un máximo de 8 veces por compra.

As bases desta promoción están na web www.pontevella.com e no mesmo Punto de Información. Sorteo realizado ante notario.

MERCAR PENSANDO NO DÍA DO PAI

“No Centro Comercial Ponte Vella poderanse atopar artigos que merece o mellor pai do mundo. Roupa, calzado, deporte, produtos gourmet, perfumes, cosméticos, tecnoloxía, electrónica, decoración, artigos de beleza… Calquera agasallo especial que esteas a pensar poderalo atopar nas nosas tendas”, refiren dende a xerencia.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...