HomePolíticaApróbase a moción de Courel Vivo pedindo unha Lei de Montaña para...

Apróbase a moción de Courel Vivo pedindo unha Lei de Montaña para os territorios galegos

No pleno celebrado o venres pasado en Folgoso do Courel aprobouse, coa abstención do PP, a moción presentada por Courel Vivo na que solicitaban á Xunta de Galicia que inclúa unha Lei de Montaña dentro da Lei de Administración Local de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A moción pedía recoñecer os concellos de montaña cunha Lei de Montaña ou que a nova lei o inclúa de forma específica, máis financiamento, servizos garantidos, axudas o empredemento, protección do territorio e apoio ao turismo de montaña sostible. Solicítase así unha norma que teña en conta as particularidades dos territorios de montaña como O Courel. O obxectivo é blindar servizos básicos imprescindibles, especialmente no ámbito sanitario, infraestruturas e asentamento de poboación. 

Desde Courel Vivo insisten na situación preocupante da sanidade no muncipio, “onde non se están a cubrir vacantes médicas, só algún dia solto, por iso solicitamos á alcaldesa que retome as conversacións co conselleiro de Sanidade, porque a situación actual non é aceptable para os veciños e veciñas do municipio”, aseguran.

Tamén levaron a pleno residencia de maiores do Courel, un proxecto que leva máis de vinte anos parado. Courel Vivo demanda que se solicite unha reunión coa nova presidenta da Deputación de Lugo para desbloquear este proxecto, “Consideramos que o Courel non pode seguir esperando máis, e que, se non hai acordo coa Deputación, debería tramitarse para que sexa a Xunta quen execute a obra”. 

Precisamente a pasada semana, a voceira do PSdeG en Folgoso do Courel, María Dalba López e a secretaria xeral da agrupación socialista, Carmen Álvarez, visitaban a Deputación de Lugo para trasladarlle á institución provincial as principais necesidades e preocupacións da veciñanza do municipio. No encontro abordouse a mellora das infraestruturas e dos servizos públicos no concello, entre elas a necesidade de continuar avanzando na mellora da rede viaria e de impulsar o potencial turístico do municipio.

PSOE Folgoso do Courel na Deputación Provincial / PSOE

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...